martes, 19 de mayo de 2020

NATURAIS 19-05-20.

Ola nenos e nenas! Bos días!

Onte en Lengua liamos un texto sobre dinosaurios. Sobre estes animais do pasado, de moito antes dos homes das cavernas que pintaban nos teitos e paredes das covas.
No texto falábase de dinosaurios herbívoros e carnívoros. Non botas de menos outra clase de dinosaurios?
Se recordas cando falamos da cadena alimenticia ou pirámide trófica tiñamos algún grupo máis.
Herbívoros comen vexetais, carnívoros carne (outros animais) e ..................................... (aqueles que comen de todo. Cales son?

Pois aquí tes algúns destes dinosaurios que comían un pouco de todo. Levaban unha dieta mediterránea :)

Gallimimus

blank
O dinosaurio avestruz. Comía follas, herbas, insectos e ovos de outros dinosaurios.

Fruitadens

dinosaurio omnívoro Fruitadens
O dinosaurio máis pequeno que se coñece. Alimentábase de follas, froitos e insectos.

truthemimus

dinosaurio omnívoro Struthiomimus
Ademais de comer herbas, follas e insectos tamén era carroñeiro.
___________________________________________________________
TAREFA
Coa información que tes do texto de onte máis esta nova información debuxa unha pirámide trófica  da época dos dinosaurios. Colle a libreta e busca a que tés que fixemos na aula para seguir de modelo.
Nela, só terás que poner o nome de cada peldaño e dentro, o dos dinosaurios dos que falamos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario