martes, 12 de mayo de 2020

NATURAIS 12-5-20.

Bos días!
Para hoxe, ou máis ben para o tempo que precises, propóñoche elaborar o teu propio herbario!


Un herbario é coma un álbum de plantas. Un herbario (do latín herbarium) é unha colección de plantas ou partes de plantas, secadas, conservadas, identificadas e acompañadas dalgunha información como:
- quen recolleu a planta
- lugar e data de recolección  
- nome da planta
- breve descrición (cor da flor, forma da folla... algunha característica)

Poden ser flores, herbas, árbores, arbustos,... 



Só recolleremos mostras daquelas plantas que coñezamos, normalmente aquí non temos plantas venenosas, pero moitas teñen sustancias tóxicas, polo que logo de facer o noso traballo lavaremos ben as mans. Vou a deixarvos exemplos dalgunhas que podemos ter preto da casa.
                                                                             chantaxe


 
dente de león



fento



xesta

margarida

Coma sempre, temos que ter coidado de non estragar demasiado o ecosistema, polo que teremos que ir con coidado.

Que facemos logo coa planta recolectada?
Pois temos que prensala entre dous papeis e cono peso por riba. O ideal e metela entre as follas dun xornal e á súa vez dentro dun libro e poñerlle moitos libros enriba ou un peso grande.

Ao día seguinte estará bastane aplastada e poderemos pasala a unha cartolina ou a un folio, onde poñeremos os datos e decoraremos.

Podes facer tantas follas coma queiras, das plantas que queiras. Tamén podes amplialo ao longo de túa vida, a medida que vaias descubrindo novas especies.

Podes organizalo como queiras: varias plantas na mesma páxina, separadas, poñer un marco na páxina, engadir datos, engadir fotos, facer un debuxo da planta.... tes total liberdade, é o teu herbario ;)
Eu estou desexando ver a lo menos unha páxina del, e espero che guste esta actividade.

Cando teñas varias podes facer unha portada se queres.


9 comentarios:

  1. Mola mucho la idea una pregunta también hay que poner el nombre en latín

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegro de que guste, el nombre en latín no es necesario ;)

      Eliminar
  2. jajaja...cuando vi esto nos dio la risa a mamá y a mi porque nosotros ya tenemos algo hecho solo nos falta lo de escribir.

    ResponderEliminar
  3. me encanto la idea -jose luis

    ResponderEliminar