Bos días! Que tal?
Hoxe, isto comeza igual ca onte porque imos a traballar o mesmo ca onte, pero hoxe en galego!
Que tal estás?
Como chegaches?
Canto custa?
Quen veu?
Cando viñeches?
Cal é o teu?
Onde estás?
En galego usamos as mesmas palabras para facer preguntas, pero ao contrario que en castelán, non levan til; ademáis, en lingua galega, ao igual ca en inglés ou en francés, só poñemos o signo de interrogación ao final.
Para 5º e 6º
1) Relaciona as peguntas coas respostas correspondentes:
(Podes copiar todo, imprimir ou copiar só a relación letra-número)
a) Cal é o seu coche? 1. O que está mal aparcado.
b) Como fixeches o pan? 2. O que leva camisa de raias.
c) Cantos gramos pesa esa mazá? 3. O máis pequeno, por favor.
d) Que anaco prefires? 4. Na casa de Beatriz.
e) Quen é seu irmán? 5. Cento vinte gramos.
f) Cando irás a Sarria? 6. Con fariña, auga, lévedo e sal.
g) Onde estiveches pola tarde? 7. Mañá pola tarde.
2) Taller de palabras:
Hoxe temos unhas cantas palabras que arranxar... escolle a que queiras e inventa unha historia!
- xulia
- dani
- germán
- lucas
- josé luis
- sabela
- diana
- david
- miranda
Exemplo con verónica:
Unha vez, un neno doutro colexio, escribiu verónica; así, en minúscula, coa "v" pequeniña. Entón miña curmá, que se chama Verónica, encolleu tanto coma unha formiga. Menos mal que pronto se deu conta pronto e miña curmá volveu ao seu tamaño orixinal.
Exemplo con mar:
Hai un ano chegoume unha carta que poñía mar, o meu nome, en minúscula! ao velo, comecei a transformarme nun enorme charco de auga salgada!!!
Menos mal que pronto chegou miña nai e correxiu o meu nome, Mar, e puiden volver a ser de carne e óso.
Profe el apartado c) no tiene pareja
ResponderEliminarTOda la razón ;)
EliminarSon Dani vos as duas sabedes ler???jijiji
ResponderEliminara resposta da c e o número 5
tes razon ;)
ResponderEliminara son jose luis
ResponderEliminar