Como sabedes, o domingo celebramos o Día das Letras Galegas; adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero.
Por que adicamos o 17 de maio ás Letras Galegas, á literatura e escritores galegos?
Todos coñecedes a Rosalía de Castro. A súa obra máis importante e coñecida chámase "Cantares gallegos" e foi publicada por primeira vez un 17 de maio, aló polo ano 1863.
______________________________________________________________________________
Despois deste repasiño, vou a propoñerche unha nova actividade: escribir un poema.
Imos a facer un poema acróstico.
Un acróstico é un texto no que as letras iniciais (do principio) de cada liña, ou no medio ou do final forman en sentido vertical unha palabra ou frase.
Cun exemplo vas a entendelo mellor:
Mar é o meu nome,
A veces toco o piano
Raramente, canto.
Para celebrar este ano as Letras Galegas, o acróstico ten que ser:
L
E
T
R
A
S
G
A
L
E
G
A
S
Despois podes decoralo e/ ou ilustralo.
Podes intentar que rimen os versos entre sí, aínda que non é necesario.
E aquí che deixo unha lista de palabras en galego que a min me gustan especialmente, se a ti tamén che gusta algunha e queres usala non o dubides. Se non coñeces o significado sempre podes mirar no DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
ledicia saudade esmorga
lar lareira aloumiño
agarimo riquiño/a treboada
asubío toxo amizade
lembranza andoriña rula
lucecú gaita gaiteiro
enxebre aperta sentidiño
goteira gamallo
Galiza
me gusta mucho la idea //JOSE LUIS//
ResponderEliminar