jueves, 7 de mayo de 2020

LINGUA 07-05-20.



Qué facemos coas palabras 
feridas, rotas ou descompostas?

Cando se estropea un coche levámolo ao taller; cando unha persoa non se atopa ben vai ao centro de saúde; pero, que facemos cando unha palabra anda coxa porque alguén esquenceu que antes de "b" e de "p" se escribe "m" e non "n"?
Ou  que podemos facer se atopamos unha palabra que vai triste e desacompasada porque se olvidaron de poñerlle o til? Esto pasoulle unha vez á palabra "cancion" nunha festa de cumpreanos... soaba CANcion en vez de canCIÓN...

Pois a resposta é sinxela: precisamos un TALLER DE PALABRAS!



Vou a contarvos o que me pasou un día. Eu estaba na aldea dos meus avós e esta aventura aconteceu nunha tarde do mes de maio. Facía moi boa tarde e decidín saír a dar un paseo. 
Recorrín varios camiños e cheguei ata un prado fermosísimo. A herba era dun verde brillante, decorada con milleiros de margaridas brancas. Sabes de cales che falo,verdade? Era tan fermoso que invitaba a tunbarse nela. E así fixen. E quedei durmida... 
De súpeto, algo me despertou. Un aire quente e cheiraba fatal! Abrín un ollo e pareceume que era un monstruo, pero estaba tan durmida que pensei que era un soño. Outra vez... cada vez máis cerca... volvín abrir un ollo pero pronto abrín os dous e levanteime dun brinco!
Unha vaca!!!! era unha vaca!! e eu... que nunca na vida vira un becho deses tan de preto, saín por patas.
Mi madriña! que susto levei!! corrín e corrín pero a vaca viña detrás; estábame perseguindo, eu morta de medo. Pero que queres de min?- pensaba eu. 
Ao lonxe, aparecéuseme un edificio moi alto; entón apresurei o paso. Ao estar moi preto, un cartel que dicía "IGREXA CON CANPANARIO". Pobre palabra. A "m" estaba coxa...
Saquei forzas e subín arriba de todo, ata onde están as campás. A vaca estaba abaixo, esperando por min. 
Pasaron non sei cantos minutos e eu alí seguía. Xa case era noitiña e non podía baixar. Non levaba móbil. Berraba pero ninguén me escoitaba. 
Claro!! as campás!! collín a corda para facelas soar. Dinlle con todas as miñas forzas pero non soaban... estaba perdida! E a miña familia estaría preocupadísima por min... 
Eu seguía intentando facer soar as campás. Ao décimo intento... Tolón- tolón!! 
Na aldea escoitaron a música das campás, o cal era moi raro, e acercáronse a ver que pasaba.
Espantaron á vaca, e por fin puiden descender do campanario.
Ao irme, algo raro acontecera no cartel...


1) Por que cres que as campás non soaban ao principio e despois si?

2) Serías capaz de atopar outra palabra ferida no texto? Décheste conta ao lelo ou tiveches que buscala?. (pista: está entre as primeiras doce liñas)

2) Inventa unha pequena historia cunha das seguintes palabras feridas de cada grupo (podes facer cantas queiras). Cando teña todas as vosas historias farei unha recompilación nun video ou algo que nos ocorra.

Grupo a) canbio - conbate- bonbilla- bonbón- bonbeiro- tinbre

Grupo b) Anparo- tenpo- cenpés-chanpú- linpo- ponpa- canpo

Por exemplo:
Coa palabra ferida "bonba"

"Érase unha vez unha "bonba" de xabrón, que ao metela na auga non explotou.
Cando lle puxen a "m" antes da "b" converteuse en BOMBA. Enseguida aconteceu unha explosión de burbullas e cor."

4 comentarios: