viernes, 17 de abril de 2020

Naturais 17-04-20

Hoxe imos coñecer un pouquiño máis o mundo das plantas.


As plantas carnívoras

As plantas carnívoras, comen realmente carne? As plantas carnívoras medran en terreos pantanosos e rochosos, nos que non sempre atopan todos os nutrintes que precisan e absorven a traves de .......1............ así que atrapan insectos para alimentarse.
Dependendo do seu tamaño, algunhas plantas carnívoras poden cazar só .........2............ (insectívoras) ou tamén rás, peixes pequenos, vermes, pequenos roedores, escorpións e lagartixas, de aí que as coñezamos como plantas ..........3........



Tipos de plantas carnívoras


Ata o momento coñécense 630 especies de plantas carnívoras, que se clasificsn en 14 xéneros diferentes segundo a forma na que atraen e atrapan ás súas vítimas; é dicir, cada xénero ten unha trampa característica para capturar o seu alimento. 

Tres destes tipos son: 

- Pelos pegañentos: plantas cunha fina capa de pelos ou tentáculos viscosos que botan un aroma a mel. Cando o insecto se pousa nela, a folla e os tentáculos péchanse e atrápano.



- Pinzas ou ceños: estas plantas botan tamén un néctar doce que atrae aos insectos. Cando se pousan nela tamén se pecha e o insecto queda atrapado; cando o insecto se move para tratar de escapar, a planta activa os xugos dixestivos e dixíreo.


- Bolsas de caída: cando un insecto se mete no seu saquiño xa lle é imposible saír. Dentro ten un montón de tentáculos pegañentos que llo impiden.




Video ampliación




CURIOSIDADE




TAREFAS

1. Completa os espazos en branco do comezo do texto. Con que anotes os números e a resposta é suficiente.

2. Intenta realizar un esquema coa información do texto e do video.






No hay comentarios:

Publicar un comentario