miércoles, 22 de abril de 2020
LINGUA 22-04-20.
Bos días!
Voltamos a traballar algo cos libros. Imos a ver as cousiñas máis importantes. Moitas xa as sabedes pero imos a repasar e ampliar un poquichiño.
Para 5º
Páxina 140-141
Lectura e exercicios 2, 3, 4 (para este exercicio, se non coñeces ou non che gusta ningún videoxogo inventa os datos!)
*Agás a ficha do exercicio 4 o resto non é preciso que copiedes.
Para 6º
1) Completa os seguintes textos:
Mamá:
Quedei.......... Lois........... facer o traballo .................. ciencias.
Volverei.......................... as seis.
.................. logo.
Martiño
Breixo:
Acabouse o leite............... lactosa. Fala .................. Henrique e que merque dous litros. Se precisa diñeiro, está ................. sempre.
Icía
2) Agora vai á páxina 106-107 do libro.
Aquí imos ver ese tipo de palabras que utilizamos para unir ou enlazar palabras ou partes dunha frase ou oración.
As palabras que usamos para iso son as preposicións (esa lista que me facíades recitar na clase) e as conxuncións.
Hoxe adicarémoslle esta "clase" ás preposicións. E é que xa as coñeces! son esas palabras que usaches para que os textos do exercicio anterior tivesen sentido.
E, por certo, xa tes o exercicio 4 da páxina 107 resolto ;)
Agora só tes que recoñecelas e saber que se chaman así, preposicións. Polo que lee o apartado da páxina 106 sobre as mesmas e logo copiaas no caderno. Penso que é mellor copialas coma unha lista para que sexa máis sinxelo diferencialas (podes facer dúas ou tres columnas).
a
agás
ante
ata
baixo
...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario