Bos días! Agardo que nestes días de vacacións diferentes o pasaras moi ben e descansaras das tarefas e horarios do cole.
Agora toca voltar, polo momento seguimos repasando, tal e como se nos dixo.
Para hoxe, en Lingua Galega, propóñoche outra descrición, neste caso dunha paisaxe.
1°) Escolle a vista que prefiras dende unha das ventás da túa casa.
2°) Recorda que unha descrición é un texto no que contamos cómo é algo (neste caso a paisaxe). Que partes ten, cores, obxectos, edificios, elementos naturais...
3°) Organiza a descrición deste xeito:
Dende a ventá de..... (a habitación que sexa)..... vese unha paisaxe ( natural ou humanizada, se é bonita, se che gusta ou non...).
En primeiro plano (o que está máis préto) vemos/ hai.......
En segundo plano ( no medio máis pu menos).....
Ao fondo.....
4°) Recorda usar frases ou oracións curtas usando para elo comas e puntos.
Separa en parágrafos segundo o tema do que fales.
Non te olvides de usar moitos adxectivos para que nos sexa máis fácil visualizar e imaxinar a túa paisaxe.
Utiliza conectores de lugar como: enriba de, á dereita, ao fondo, ao lado de...
Coma sempre, se tes algunha dúbida non tés máis que preguntar, por favor moi importante, a partires de agora imos usar para isto os comentarios deste blogue e sempre poñendo o voso nome para saber quen escribe. Así todos podemos ver as dúbidas que temos e podedes responder vós mesmos aos compañeiros se queredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario