Recordades a última tarefa que fixemos na aula sobre as plantas? pois si... agora o experimento non vai a sair, non vai a saír na aula pero si nas vosas casas.
Imos a plantar!!
Que precisamos?
- Sementes!! van moi ben pola rapidez as lentellas para xerminar rápido, pero imos a facer tamén con sementes máis grandes que logo pasaremos á terra como fabas, garavanzos e millo.
Se tedes de todas xenial! así comparades canto tarda cada una.
- recipientes: calquera vasiño, tarro, vaso de iogur limpo... así reciclamos..
- algodón
- auga
- terra (se tedes a man, nada de saír mercar nin desprazarse moito da casa ;) )
1º paso
Xerminar as nosas sementes igual ca fixemos na clase, no vasiño tapada cun poquiño de algodón e sempre húmida con auga.
Lembrade poñer unha etiqueta coa data de inicio do experimento e o nome da semente! por exemplo: millo 17/3/20.
Podedes facelo con tantas sementes como queirades, mellor 3 ou 4 polo menos da mesma semente para facer o experimento logo.
***** na libreta de naturais, se a tedes todos, ides anotando todos os pasos e os cambios que vaiades observando *************
garavanzo xerminado
(non é preciso tanto algodón) lentellas
2º paso (para os que dispoñan de terra)
Cando estén xerminadas, é dicir teñan unha boa raíz e algo de talo, pasarémolas á terra, non moi fonda.
e aquí vén o experimento:
Unha desas sementes xerminadas e plantadas estará con todas as condicións necesarias, auga e luz do sol. Anotaremos como evoluciona.
Outra terá auga pero non sol, meterémola nun sitio oscuro... e anotaremos como evoluciona.
Outra terá sol pero non auga,.... e anotaremos como evoluciona.
Recordade que non pasa nada se non temos os materiais para facelo!! E sempre avisade do que precisades na casa, e se podedes úsalo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario