martes, 24 de marzo de 2020

Descrición dunha persoa

Estivemos traballando os adxectivos... recordades para qué serven este tipo de palabras?...
eso é! para dicir como son ou como están os animais.... os obxectos.... e as persoas!!!

Imos empregalos facendo un descrición dunha persoa... pode ser alguén famoso coma una deportista, un actor, un amigo ou amiga ou alguén da túa familia.

Para describir unha persoa debemos seguir estas indicacións básicas:
  • Despois de observar e reflexionar sobre a persoa que imos describir, organizaremos a información que nos parece máis destacada.
  • Seguiremos unha orde, do máis xeral ao máis particular:
  1. Indicaremos o seu xénero (un home, unha muller, un rapaz... )
  2. Diremos a súa idade (naturalmente será a idade aproximada na maior parte dos casos: é unha nena de meses, un vello, unha velliña, ....)
  3. Citaremos a súa aparencia xeral: fermoso, feo, atlético, de aspecto canso, musculoso..
  4. Sobre a súa talla indicaremos se é unha persoa alta, baixa, anana, delgada, fraca, barriguda etc.
  5. A continuación describiremos a súa cara:   a súa forma (ovalada, cadrada, ancha...), o cabelo (abundante ou escaso, negro, loiro, ondulado, liso...), os ollos (grandes, pequenos, vivaces, alegres, claros, escuros, azuis, verdes...), os labios (grosos, finos, carnosos...)...
  6. Se é o caso falaremos dalgunha característica particular que teña a persoa descrita: calvo, bigote, barba, algunha mancha ou marca significativa.
  7. A continuación, xa para rematar o retrato físico, falaremos da súa vestimenta.
  8. Finalmente daremos información sobre o seu carácter: diremos se é unha persoa amable, sociable, antipática... e tamén outros detalles como poden ser as súas aficcións, que cousas se lle dan ben...
Podes realizar un retrato desa persoa ou amosar unha fotografía.


Exemplo:

Meu irmán Roberto é un rapaz fermosísimo, por dentro e por fóra.
Ten once anos, recén cumpridos o vinte de xaneiro.
É fraco pero de aspecto atlético xa que practica moito deporte. Ten o cabelo castaño, e os ollos cor mel e grandes. Na frente ten unha pequena cicatriz de cando caeu polas escaleiras con tres anos.. Para min é o rapaz máis guapo do mundo!
Normalmente viste chándal entre semana porque todos os días ten algunha actividade deportiva e os fines de semana vaqueiros e camiseta.
Sempre está rindo e facendo paiasadas, é imposible estar triste ao seu lado.
Ademais ten un corazón de ouro, sempre disposto a axudar aos demais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario